Tue Nov 19 2024 12:21:38 GMT+0100 (hora estándar de Europa central)
This commit is contained in:
parent
024a4499c7
commit
b39de85035
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 13 E saberedes que Eu son Iahveh, cando os seus mortos queden tendidos díante dos seus ídolos, arredor dos seus altares, e sobre todo outeiro alto, e en tódolos cumios dos montes, e debaixo de toda árbore frondosa e debaixo de toda aciñeira espesa, lugares onde ofreceron incenso a tódolos seus ídolos. \v 14 E estenderei a miña man contra eles, e farei a terra máis deserta e desolada que o deserto ata Diblat, onde sexa que vivan; e coñecerán que Eu son Iahveh.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\c 7 \v 1 Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: \v 2 Ti, fillo de home, así di Iahveh o Señor á terra de Israel: "Chega a fin! A fin vén sobre os catro extremos da terra.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 3 Agora vén a fin sobre ti, e mandarei sobre ti a miña ira, e xulgareite segundo os teus camiños; e porei sobre ti todas as túas abominacións. \v 4 O meu ollo non terá misericordía de ti, nin te ha perdoar; senón que porei sobre ti os teus camiños, e no medio de ti estarán as túas abominacións; e saberedes que Eu son Iahveh.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 5 Así di Iahveh o Señor: "vai vir unha desgraza tras outra”. \v 6 Chegou a fin, veu a fin! Espertou contra ti, velaí que vén. \v 7 A mañá chegou para ti, habitante da terra; o tempo chegou, está preto o día, día de rebumbio e non de ledicia sobre os montes.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 8 Agora, axiña derramarei sobre ti a miña ira, e cumprirei en ti a miña ira; e xulgareite segundo os teus camiños, e has pagar as túas abominacións. \v 9 O meu ollo non perdoará, nin terei compaixón; conforme os teus camiños porei sobre ti, e as túas abominacións estarán no medio de ti; e saberedes que eu, Iahveh, son o que castiga.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 10 Velaí o día: está a chegar! Saíu a mañá, a vara floreceu, a soberbia reverdeceu. \v 11 A violencia ergueuse en vara de maldade; non quedará nada deles nin da súa multitude, nin da súa facenda, nin haberá quen se laie por eles.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 12 Chegou o tempo, achegouse o día! Non se alegre o que merca, e non chore o que venda, porque a ira está sobre toda a súa multitude. \v 13 Pois o vendedor non recobrará o que vendeu nin o compardor reterá o comprado; porque a ira está sobre toda a multitude e non se reverterá, e por mor da súa iniquidade ninguén poderá defender a súa vida.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 14 Soarán a trompeta e todo estará listo, pero non haberá quen saia ao combate, porque a miña ira está sobre toda a multitude. \v 15 De fóra a espada, de dentro a peste e a fame! O que estea no campo morrerá a espada; e o que estea na cidade a fame e a peste consumirano. \v 16 E os que escapen fuxindo aos montes, estarán coma as pombas dos vales, xemendo todos, cada un pola súa iniquidade.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 17 Tódolos brazos desfalecerán, todos os xeonllos han ser febles. \v 18 Cinguiranse de cilicio, e cubriranse de terror; toda faciana estará avergoñada, e tódalas cabezas serán rapadas. \v 19 Botarán a súa prata nas rúas, e tratarán o seu ouro coma lixo. A súa prata e o seu ouro non poderán rescatalos no día da ira de Iahveh, porque iso foi a súa pedra de tropezo e o seu pecado. Non lles quitarán a fame nin encherán o seu ventre.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 20 Porque converteron a gloria das súas xoias en soberbia e fixeron con elas imaxes dos seus ídolos abominables, polo tanto Eu converterei todo iso en lixo, \v 21 e entregareino coma botín nas mans dos estranxeiros, e será presa dos impíos da terra, e a profanarán. \v 22 E afastarei deles o meu rostro, e o meu lugar secreto será profanado; e os invasores entrarán nel e profanarano.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 23 Prepara uns grillóns, porque o país está cheo de delitos de sangue e a cidade reborda violencia. \v 24 Por tanto, Eu traerei os pobos máis feroces para que se fagan donos das súas casas; e porei fin ao orgullo dos poderosos, e os seus santuarios serán profanados. \v 25 Cando chegue o pánico buscarán a paz, pero non a haberá.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 26 Virá destrución sobre destrución, e haberá alarma tras alarma; pedirán visión sao profeta, pero a lei afastarase do sacerdote e o consello dos anciáns. \v 27 O rei vestirase de desolación, e o príncipe de medo, e as mans do pobo do país tremerán. Heinos tratar conforme os seus camiños, e xulgareinos conforme á súa xustiza; e saberán que Eu son Iahveh.
|
Loading…
Reference in New Issue