Tue Nov 19 2024 12:19:38 GMT+0100 (hora estándar de Europa central)
This commit is contained in:
parent
40d3a4f7a6
commit
024a4499c7
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 9 Recolle pois trigo, cebada, fabas e lentellas, millo e avea, e bótao todo nun frasco, e fai pan deles. Comerás iso trescentos noventa días, todos os días que esteass deitado dese lado. \v 10 A comida que comerás será de vinte siclos por día, e comerás sempre á mesma hora. \v 11 E beberás a auga medida, a sexta parte dun hin; beberala sempre á mesma hora.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 12 E comerás pan de cebada, que cocerás á vista deles co lume de excremento humano. \v 13 E dixo Iahveh: -Así comerán os fillos de Israel o seu pan inmundo entre as nacións onde Eu os esparexerei.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 14 Entón dixen: -Ai Señor Iahveh, velaí que a miña alma non se contaminou, nin comin cousa morta nin esnaquizada dende a miña xuventude ata este tempo, nin entrou na miña boca carne inmunda. \v 15 E respondeume: -Mira, deixo que prepares o teu pan con esterco de boi en lugar de esterco humano.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 16 E dixome: -Fillo de home, velaí que quebrarei o sustento de pan en Xerusalém; e comerán o pan por peso e con anguria, e beberán a auga medida e con espanto, \v 17 para que ao faltarlles o pan e a auga, se miren uns aos outros con asombro, e se consuman por culpa da súa maldade.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\c 5 \v 1 E ti, fillo de home, toma para ti un coitelo afiado, toma unha navalla de barbeiro, e faina pasar sobre a túa cabeza e a túa barba; e toma unha balanza e divide os cabelos. \v 2 Queimarás unha terceira parte con lume no medio da cidade, cando se cumpran os días do asedio; outra terceira parte sacudirala coa espada arredor da cidade; e a outra terceira parte espallarala ao vento, porque Eu saco a espada detrás deles.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 3 Tomarás tamén de alí uns cantos cabelos e ataralos no orillo do teu manto. \v 4 Collerás de novo deles, e botaralos no medio do lume, e halos queimar no lume; de alí sairá un lume que envolverá a toda a casa de Israel.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 5 -Así di o Señor Iahveh: "Esta é Xerusalém! Coloqueina no medio dos pobos, rodeada de nacións, \v 6 pero ela rebelouse contra as miñas leis e as miñas ordenanzas con máis maldade que os pobos e máis que as nacións que a rodean; porque rexeitaron os meus mandamentos e non seguiron as miñas leis.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 7 Por tanto, así di o Señor Iahveh: "Porque fostes máis rebeldes que as nacións veciñas, e non andastes nos meus mandamentos nin gardastes as miñas leis, nin obrastes conforme as leis das nacións que están ao voso arredor. \v 8 Por tanto, así di o Señor Iahveh: "Velaquí, Eu estou contra ti! Eu heite xulgar díante de todas as nacións,
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 9 e a causa de todas as túas abominacións, farei en ti o que nunca fixen, e nunca farei cousa semellante. \v 10 Por iso, no medio de ti, os pais han comer os seus fillos, e os fillos comerán os seus pais. Farei xustiza contra ti, e dispersarei todo o que quede de ti aos catro ventos.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 11 Por tanto, como Eu vivo, di o Señor Iahveh, porque profanaches o meu santuario con tódalas túas abominacións, Eu tamén te destruirei; o meu ollo non perdoará, nin terei compaixón de ti. \v 12 Unha terceira parte dos teus morrerá de peste e serán consumidos pola fame; e unha terceira parte morrerá pola espada ao teu redor; e dispersarei a outra terceira parte a tódolos ventos, e perseguireinos a espada.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 13 Deste xeito cumprirase a miña ira sobre eles, e saciarei a miña indignación, e quedarei satisfeito. E cando remate a miña ira sobre eles, saberán que Eu, Iahveh, falei de maneira apaixonada. \v 14 Hei de te converter en soidade e aldraxe díante das nacións que están arredor de ti, a vista de todo aquel que pase.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 15 Serás motivo de burla e afrenta, de escarnio e de terror para as nacións veciñas, cando Eu execute en ti os xuízos con ira e indignación, e con castigos despiadados. Eu, Iahveh, falei. \v 16 Cando Eu dispare contra eles as fatídicas frechas da fame, que son para destrución, e que mandarei para vos aniquilar, entón aumentarei a fame sobre vós e quebrarei o sustento do pan. \v 17 Mandarei contra vós fame e bestas feroces que te deixarán sen fillos; e a peste e o sangue pasarán ao teu carón, e mandarei a espada contra; Eu, Iahveh, falei.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\c 6 \v 1 Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: \v 2 -Fillo de home, pon a túa faciana cara os montes de Israel, e profetiza contra eles dicindo: \v 3 Montes de Israel, escoitade a palabra do Señor Iahveh! Así di o Señor Iahveh aos montes e aos outeiros, aos arroios e aos vales: velaí, Eu traerei sobre vós a espada para destruír os vosos lugares altos.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 4 Os vosos altares serán desolados e as vosas imaxes do sol serán quebradas, e farei que os vosos mortos caian díante dos vosos ídolos. \v 5 E tirarei os cadáveres dos fillos de Israel díante dos seus ídolos, e dispersarei os vosos ósos arredor dos vosos altares.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 6 Onde queira que vivades, as cidades serán desoladas e os lugares altos serán arrasados, ata que queden desolados e arrasados os vosos altares; e os vosos ídolos quebrados e destruídos, e as vosas imaxes do sol arrincadas e as vosas obras extirpadas. \v 7 E os cadáveres xacerán no medio de vós, e saberedes que Eu son Iahveh.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 8 Pero deixarei un remanente, para que teñades algúns que fuxan da espada entre as nacións, cando sexades dispersos polas súas terras. \v 9 E os que de vós fuxan, lembraranse de min entre as nacións onde serán exiliados, cando Eu quebrante o seu infiel corazón que se afastou de min, e humille os seus ollos que fornicaron seguindo aos seus ídolos. Eles avergoñaranse de si mesmos por mor das maldades que fixeron e por tódalas súas abominacións. \v 10 E coñecerán que Eu son Iahveh; non dixen en balde que lles faría este mal.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 11 Así di o Señor Iahveh: "Aplaude e dá golpes co teu pé, e di: ai, por todas as grandes abominacións da casa de Israel! Porque coa espada, coa fame e coa peste morrerán. \v 12 O que estea lonxe morrerá da peste, e o que estea preto morrerá pola espada; e o que quede e estea sitiado morrerá de fame; así cumprirei neles a miña ira.
|
Loading…
Reference in New Issue