gl_deu_text_reg/04/15.txt

1 line
442 B
Plaintext

\v 15 Así que tende moito coidado, xa que o día que o Señor vos falou en Horeb desde o medio do lume non vistes figura algunha, \v 16 non sexa que vos corrompades e fagades un idolo calquera tallado, imaxe masculina ou feminina, \v 17 ou parecida a calquera animal que está na terra ou semellante a calquera ave que voa no ceo, \v 18 imaxe de calquera animal que se arrata pola terra ou semellante a calquera peixe das augas subterraneas.