gl_deu_text_reg/15/09.txt

1 line
422 B
Plaintext

\v 9 Cóidate de non pensares malamente no teu corazón, dicindo: "Xa logo chega o sétimo ano, o ano da remisión está preto", e mires de mala maneira a teu irmán necesitado e non lle deas nada, e clame contra ti a Iahveh, e sexa pecado en ti. \v 10 Daraslle con xenerosidade, e non serás mesquiño no teu corazón cando lle deas, pois por isto Iahveh bendicirate en todo o que fagas e en todo o que poñas a túa man.