gl_deu_text_reg/01/07.txt

1 line
412 B
Plaintext

\v 7 Volvede, poñédevos en marcha e ide cara a rexión montañosa dos amorreos e onda os seus veciños no Arabá, nas montañas, no val, no Neguev e pola beira do mar, a terra dos cananeos e o Líbano, ata o río grande, o río Éufrates. \v 8 Mirade que puxen a terra diante de vós. Entrade e posuíde a terra que Iahveh xurou dar aos vosos pais Abraham, Isaac e Xacob, a eles e despois á súa descendencia.