\v 10 E quedei no monte como os primeiros días, corenta días e corenta noites, e escoitoume Iahveh tamén esta vez; e Iahveh non quixo destruírte. \v 11 Entón díxome Iahveh: "Levántate, vai diante do pobo para marchardes e para que entren e posúan a terra que xurei que lles daría a seus pais."