\v 15 certamente ferirás ao fío da espada aos moradores daquela cidade e destruirás todo canto hai nela xunto con todo o seu gando, ao fío da espada. \v 16 Logo xuntarás todo o seu botín no medio da súa praza, e prenderaslle lume á cidade con todo o seu botín, como ofrenda para Iahveh o teu Deus, e a cidade será unha morea de ruinas para sempre. Endexamais será reconstruída.