\v 10 Pero nunca máis se levantou profeta semellante a Moisés en Israel, a quen Iahveh trataba cara a cara. \v 11 Por todos os sinais e prodixios que Iahveh lle mandou facer na terra de Exipto, contra Faraón, contra tódolos seus servos e contra toda a súa terra, \v 12 e pola poderosa man e por tódolos grandiosos e terribles feitos que fixo Moisés diante de todo Israel.