\c 3 \v 1 Logo volvemos e subimos polo camiño de Basán, e Og, rei de Basán, saíunos ao encontro en Edrei con toda a súa xente para pelexar. \v 2 Mais Iahveh díxome: "Non teñas medo, porque Eu xa puxen na túa man a todo o seu pobo e máis a súa terra; e farás con el coma fixeches con Sehón, rei dos amorreos que vivian en Hesbón".