\v 12 Se che é vendido un dos teus irmáns, hebreo ou hebrea, servirate por seis anos, pero ao sétimo ano deberás deixalo ir libre do teu carón. \v 13 E cando o deixes marcha libre do teu caron, non o mandarás coas mans baldeiras, \v 14 senón que o abastecerás xenerosamente do teu rabaño, da túa eira e do teu lagar: daraslle daquilo que Iahveh che teña bendicido.