Fri Dec 01 2023 18:27:59 GMT+0100 (hora estándar de Europa central)

This commit is contained in:
Ana Iglesias Duran 2023-12-01 18:27:59 +01:00
parent 30f3426367
commit 20c5afb503
5 changed files with 39 additions and 0 deletions

5
42/01.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1,5 @@
\c 42 \v 1 \v 2 Do director Maskil. Dos fillos de Coré
1 Como o cervo suspira polas correntes de auga,
así suspira por ti a miña alma, ó Deus!
2 A miña alma ten sede do Señor, do Deus vivo;
Cando irei e me presentarei diante do Señor?

8
42/03.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1,8 @@
\v 3 \v 4 As miñas bágoas foron o meu pan de día e de noite,
mentres me dicían a cotío
Onde está o teu Deus?
4 Lémbrome destas cousas, e alivia a miña alma
dentro de min; de como ía eu coa multitude
e guiábaa ata a casa de Deus,
con voz de loubanza e ledicia
coa multitude en festa.

8
42/05.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1,8 @@
\v 5 \v 6 Por que te abates, miña alma,
e por que te desacougas en min?
espera no Señor, porque aínda hei louvalo de novo,
pola salvación da súa face
6 Ó meu Deus!, a miña alma está abatida en min
por iso me lembro de ti
desde a terra do Xordán
e desde os cumios do Hermón, desde o monte Mizar.

7
42/07.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1,7 @@
\v 7 \v 8 Un abismo chama a outro abismo
á voz das túas fervenzas;
todas as túas ondas e vagas
pasaron sobre min.
8 De día mandará o Señor a súa misericordia
e de noite a súa cantiga estará comigo
na oración ao Deus da miña vida.

11
42/09.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1,11 @@
\v 9 \v 10 Ó Deus!, miña Rocha, direi: por que te esqueciches de min?
por que teño que andar triste na opresión do inimigo?
como quen quebranta os meus ósos,
afréntanme os meus inimigos
cando me din todo o día
onde está o teu Deus?
10 Por que te abates, miña alma,
e por que te desacougas en min?
espera no Señor, porque aínda hei louvalo de novo.
El é a salvación do meu ser e meu Deus!