\v 46 Natanael díxolle: "Poderá algunha cousa boa saír de Nazaret?" Felipe díxolle: "Ven e verás!". \v 47 Viu Xesús a Natanael aproximándose a ele e dixo: "Aí tendes a un verdadeiro israelita, en quen non hai engano!" \v 48 Preguntoulle Natanael: "De que me coñeces?" Xesús díxolle: "Antes de que Felipe te chamara, eu vinte cando estabas debaixo da figueira"