\v 46 Veu, pois, Xesús outra vez a Caná de Galilea, onde da auga fixera viño. E había un oficial do rei que tiña un fillo doente en Capernaum. \v 47 Cando ouviu que Xesús chegara de Xudea a Galilea, foi xunto el, e rogoulle que baixase para curar ao seu fillo, que estaba á morte.