gl_ezk_text_reg/20/40.txt

1 line
452 B
Plaintext

\v 40 Pero no meu monte santo, no monte alto de Israel, di Iahveh o Señor, alí servirame toda a casa de Israel, todos a unha. Alí aceptareinos, e alí demandarei as vosas ofrendas e as primicias dos vosos dons con tódalas vosas cousas consagradas. \v 41 Como incenso agradable aceptareivos, cando vos saque de entre os pobos e vos recolla de entre as terras onde fostes dispersos; e a miña santidade será reflectida en vós á vista das nacións.