gl_ezk_text_reg/25/03.txt

1 line
565 B
Plaintext

\v 3 E dirás aos fillos de Amón: escoitade a palabra de Iahveh. Así di Iahveh: porque dixeches, “que ben!” cando o meu santuario foi profanado, e a terra de Israel foi arrasada, e a casa de Xudá foi levada en cativeiro, \v 4 velaí, Eu entrégote en posesión aos fillos do oriente, os que asentarán en ti os seus campamentos e plantarán as súas tendas no medio de ti e comerán as túas sementeiras e beberán o teu leite. \v 5 E farei de Rabá un pasteiro de camelos, e aos fillos de Amón poreinos por curral de ovellas; e saberedes que Eu son Iahveh.