gl_ezk_text_reg/37/21.txt

1 line
608 B
Plaintext

\v 21 E diraslles: Así di Iahveh o Señor: "Velaquí, Eu tomarei os fillos de Israel de entre as nacións onde foron, e reunireinos de tódalas partes, e traereinos á súa terra. \v 22 E farei deles unha soa nación na terra, nos montes de Israel, e un rei será rei de todos eles; e nunca máis serán dúas nacións, nin nunca máis serán divididos en dous reinos. \v 23 E non se contaminarán máis cos seus ídolos, coas súas abominacións e con tódalas súas rebelións; e salvareinos de tódalas súas rebelións coas que pecaron, e purificareinos; e eles serán o meu pobo, e Eu serei o seu Deus.