gl_ezk_text_reg/16/51.txt

1 line
564 B
Plaintext

\v 51 De feito, Samaria non cometeu a metade dos teus pecados; porque ti multiplicaches as túas abominacións máis ca elas, e deste modo fixeches parecer xustas ás túas irmás con tódalas abominacións que fixeches. \v 52 Pois ti, leva tamén a túa vergoña, porque con todos os pecados que fixeches, conseguiches que o xuízo fora máis favorable para as túas imrás, porque envilecécheste máis ca elas, e elas resultaron ser máis xustas ca ti! Deberías avergoñarte ti tamén, e cargar coa afrenta, porque fixeches que as túas irmáns parezan xustas.