\v 8 Pero deixarei un remanente, para que teñades algúns que fuxan da espada entre as nacións, cando sexades dispersos polas súas terras. \v 9 E os que de vós fuxan, lembraranse de min entre as nacións onde serán exiliados, cando Eu quebrante o seu infiel corazón que se afastou de min, e humille os seus ollos que fornicaron seguindo aos seus ídolos. Eles avergoñaranse de si mesmos por mor das maldades que fixeron e por tódalas súas abominacións. \v 10 E coñecerán que Eu son Iahveh; non dixen en balde que lles faría este mal.