\v 15 Para que o corazón desmaie e as vítimas se multipliquen. En tódalas súas portas puxen o terror da espada. Ai! Disposta está para resplandecer e afiada para matar. \v 16 Corta á dereita, fere á esquerda, onde queira que te volvas! \v 17 E Eu tamén golpearei, baterei as miñas mans, e hei desfogar a miña ira. Eu, Iahveh, falei.