Tue Nov 19 2024 14:50:45 GMT+0100 (hora estándar de Europa central)
This commit is contained in:
parent
caf7fdd6c8
commit
f2367f8252
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\c 33 \v 1 Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: \v 2 -Fillo de home, fala aos fillos do teu pobo, e di: cando Eu traia a espada sobre a terra, e o pobo da terra escolla un home do seu territorio e o poña por sentinela, \v 3 e se el ve a espada que vén sobre a terra, e toca a trompeta e alerta o pobo, \v 4 o que escoite o son da trompeta e non se coide, e veña a espada e o traspase, o seu sangue será sobre a súa cabeza.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 5 Escoitou o son da trompeta e non quixo apercibirse; o seu sangue será sobre el; pero o que se garde, salvará a súa vida. \v 6 Pero se o sentinela ve vir a espada e non toca a trompeta, e o pobo non está alerta, e vén a espada e fere a algún, ese será tomado por causa do seu pecado, pero Eu demandarei o seu sangue da man do sentinela.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 7 En canto a ti, fillo de home, Eu púxente por vixiante á casa de Israel; e escoitarás a palabra da miña boca e os has advertir da miña parte. \v 8 Cando Eu diga ao impío: impío, de certo morrerás! Se ti non o advirtes para que o impío se afaste do seu camiño, o impío morrerá polo seu pecado, pero Eu demandarei o seu sangue de ti. \v 9 Pero se ti advirtes ao impío para que se afaste do seu camiño, e el non se desvía do seu camiño, el morrerá polo seu pecado, pero ti salvarás a túa vida.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 10 Polo tanto, fillo de home, di á casa de Israel: vós falades deste xeito: as nosas transgresións e os nosos pecados están sobre nós, e por eles somos consumidos; como, pois, poderemos vivir? \v 11 Dilles: -Como Eu vivo, di Iahveh o Señor, que non quero a morte do impío, senón que o impío se volva do seu camiño, e viva. Volvede, volvédevos dos vosos malos camiños! Por que queredes morrer, casa de Israel?
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 12 E ti, fillo de home, di aos fillos do teu pobo: a xustiza do xusto non o librará no día que se rebele; e a maldade do impío non o estorbará no día que se volva da súa maldade; do mesmo xeito, o xusto non poderá vivir pola súa xustiza no día que peque. \v 13 Cando Eu diga ao xusto: de certo vivirás, e el confiando na súa xustiza chega a facer iniquidade, non serán lembradas ningunha das súas xustizas, senón que morrerá pola súa iniquidade que fixo.
|
|
@ -0,0 +1 @@
|
|||
\v 14 E cando diga ao impío: certamente morrerás, e el se volve do seu pecado e fai conforme ao dereito e a xustiza, \v 15 se o impío restitúe a prenda, devolve o que roubou, e camiña nos estatutos da vida, sen facer iniquidade, certamente vivirá, e non morrerá. \v 16 Non se lle lembrará ningún dos seus pecados que cometeu; actuou segundo o dereito e fixo xustiza; de certo vivirá.
|
Loading…
Reference in New Issue