Tue Nov 19 2024 14:20:38 GMT+0100 (hora estándar de Europa central)

This commit is contained in:
Ana Iglesias Duran 2024-11-19 14:20:38 +01:00
parent e8896eebea
commit b38334c1b3
18 changed files with 18 additions and 0 deletions

1
23/01.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\c 23 \v 1 Veu a min a palabra de Iahveh, dicindo: \v 2 -Fillo de home, había dúas mulleres, fillas dunha mesma nai, \v 3 e prostituíronse en Exipto; fornicaron na súa mocidade; alí deixáronse apertar os seus seos, alí acariciaron os seus peitos virxinais. \v 4 O nome da maior era Ahola, e o nome da súa irmá, Aholibá. Despois chegaron a ser miñas e deron a luz fillos e fillas. E os seus nomes foron: Samaria é Ahola; e Xerusalém, Aholibá.

1
23/05.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 5 E Ahola, sendo miña, prostituíuse namorándose dos seus amantes, os asirios: \v 6 guerreiros vestidos de púrpura, gobernadores e comandantes, mozos cobizosos todos eles, xinetes que montaban cabalos. \v 7 E ela prostituíuse con eles, con todos os máis escollidos dos fillos dos asirios, e contaminouse con todos os ídolos de todos aqueles dos que namorou.

1
23/08.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 8 E non deixou de fornicar cos exipcios, que na súa mocidade deitaran con ela acariñando os seus peitos virxinais e vertendo nela a súa luxuria. \v 9 Por iso entregueina na man dos seus amantes, na man dos fillos dos asirios, aqueles polos que ela ansiaba. \v 10 Eles descubriron a súa nudez, arrebatáronlle os seus fillos e as súas fillas, e matárona a espada; e chegou a ser famosa entre as mulleres, por como a escarneceron.

1
23/11.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 11 E a súa irmá Aholibá viuno, toleou de luxuria aínda máis ca ela, e as súas fornicacións foron maiores que as fornicacións da súa irmá. \v 12 Namorouse dos fillos dos asirios, os seus veciños, gobernadores e comandantes, vestidos con roupas excelentes, xinetes que ían a cabalo, todos eles mozos codiciables. \v 13 E vin que se contaminaba: as dúas ían polo mesmo mesmo camiño.

1
23/14.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 14 E ela aumentou as súas fornicacións; pois cando viu a homes pintados no muro, imaxes de caldeos pintados de moitas cores, \v 15 cinguidos polos seus lombos con talabartes, e turbantes de moitas cores sobre as súas cabezas, tendo todos eles a aparencia de capitáns, coma os homes de Babilonia, nados en Caldea.

1
23/16.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 16 E namorouse deles tan pronto como os viu, e mandoulles mensaxeiros á terra dos caldeos. \v 17 Así que os homes de Babilonia achegáronse a ela no seu leito de amor e contaminárona coas súas fornicacións, pero tan pronto como foi deshonrada, a súa alma deixou de amalos.

1
23/18.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 18 Así deixou ver as súas fornicacións e ela descubriu a súa nudez; polo que eu tamén me cansei dela, xa como a miña alma se tivera cansado da súa irmá. \v 19 Pero ela aínda multiplicou as súas fornicacións, lembrando os días da súa mocidade, nos que fornicara na terra de Exipto.

1
23/20.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 20 Ardeu en desexo polos seus amantes, que teñen falo de burros e exaculan coma cabalos. \v 21 Deste modo repetiches unha vez máis a luxuria da túa mocidade, cando os exipcios acariñaban os teus seos, e apalpaban os tus peitos mozos.

1
23/22.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 22 Por tanto, Aholib, así di Iahveh o Señor: "Velaquí, Eu espertarei contra ti os teus amantes, dos que a túa alma se afastou, e fareinos vir contra ti de todas as partes; \v 23 os de Babilonia e todos os caldeos, os de Pecod, Soa e Coa, e todos os asirios con eles: mozos desexables, gobernadores e comandantes, notables e homes de renome, todos a cabalo.

1
23/24.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 24 Virán contra ti con exércitos e carros, e con multitude de pobos; poranse contra ti en formación con escudos, paveses e cascos, e Eu encargareilles que te xulguen de acordo os seus costumes. \v 25 E porei o meu celo contra ti, e actuarán contigo con ira; quitaranche o teu nariz e as túas orellas, e o que quede de ti morrerá a espada. Arrebatarán os teus fillos e as túas fillas, e o teu remanente será consumido polo lume.

1
23/26.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 26 Despoxarante das túas roupas e quitaranche todos os adornos da túa fermosura. \v 27 Deste xeito farei que remate a túa luxuria e as túas prostitucións que trouxeches de Exipto, de xeito que non mires máis para eles nin te lembres máis de Exipto.

1
23/28.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 28 Porque así di Iahveh o Señor: "Velaquí, Eu entrégote na man daqueles que aborreces, na man daqueles de quen a túa alma se desgustou. \v 29 Eles han te tratar cheos de odio, e quitaranche todo o froito do que traballaches, e deixarante núa e sen nada, e quedará descuberta a inmundicia das túas fornicacións, da túa luxuria e da túa prostitución.

1
23/30.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 30 Faránche estas cousas porque fornicaches tras dos pobos, e te contaminaches cos seus ídolos. \v 31 Porque andaches no camiño da túa irmá. Polo tanto, Eu porei a súa copa na túa man.

1
23/32.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 32 Así di Iahveh o Señor: "Beberás da copa profunda e ancha da túa irmá. As nacións hanse burlar de ti e escarnecerante.

1
23/33.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 33 Chegarás a estar bébeda de dor. Copa de soidade e desolación é a copa da tua irmá Samaria. \v 34 Si, ti beberala ata esgotala, e lamberás as borras e rasgarás os teus peitos; porque Eu falei, di Iahveh o Señor.

1
23/35.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 35 Por tanto, así di Iahveh o Señor: Xa que te esqueciches de min e me botaches detrás das túas costas, carga ti mesma a túa luxuria e as túas fornicacións!

1
23/36.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 36 E dixome Iahveh: -Fillo de home, non xulgarás ti a Ahola e a Aholibá? Entón decláralles as súas abominacións! \v 37 Porque cometeron adulterio e hai sangue nas súas mans, e fornicaron cos seus ídolos; e aínda os seus fillos que me deron a luz, queimáronos, facéndoos pasar polo lume.

1
23/38.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 38 E aínda engadiron algo máis: contaminaron o meu santuario nese mesmo día e profanaron os meus días de repouso. \v 39 Pois despois de teren sacrificado os seus fillos aos seus ídolos, naquel mesmo día entraron no meu santuario para contaminalo; iso foi o que fixeron na miña casa!