Tue Nov 19 2024 15:24:45 GMT+0100 (hora estándar de Europa central)

This commit is contained in:
Ana Iglesias Duran 2024-11-19 15:24:46 +01:00
parent 879e1db98d
commit a280d5dc7a
21 changed files with 21 additions and 4 deletions

View File

@ -1,4 +1 @@
\v 21 Entón levoume ao patio exterior, e fíxome pasar polos catro cantos do atrio; e en cada extremo había un patio.
\v 22 Nos catro cantos do atrio había pequenos patios, de corenta cóbados de lonxitude e trinta de ancho. Os catro tiñan unha mesma medida.
\v 23 E había un muro arredor deles, arredor dos catro, e fornos debaixo das paredes arredor.
\v 24 E díxome: -Estes son os fornos onde os servidores da casa cociñarán os sacrificios do pobo.
\v 21 Entón levoume ao patio exterior, e fíxome pasar polos catro cantos do atrio; e en cada extremo había un patio. \v 22 Nos catro cantos do atrio había pequenos patios, de corenta cóbados de lonxitude e trinta de ancho. Os catro tiñan unha mesma medida. \v 23 E había un muro arredor deles, arredor dos catro, e fornos debaixo das paredes arredor. \v 24 E díxome: -Estes son os fornos onde os servidores da casa cociñarán os sacrificios do pobo.

1
47/01.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\c 47 \v 1 Entón fíxome volver á entrada da casa, e velaí, as augas saían de debaixo da entrada da casa cara o oriente, pois a fachada da casa estaba cara o oriente, e as augas baixaban dende abaixo cara o lado dereito da casa, ao sur do altar. \v 2 Despois sacoume fóra polo camiño da porta do norte, e fíxome dar a volta polo camiño de afora, cara o exterior, polo camiño que mira cara o oriente; e vin que as augas saían do lado dereito.

1
47/03.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 3 Cando o home saíu cara o oriente cun cordel na man, mediu mil cóbados, e fíxome pasar polas augas ata os nocellos. \v 4 Mediu outra vez mil cóbados, e fíxome pasar polas augas ata os xeonllos. Mediu outra vez mil, e fíxome pasar polas augas ata os lombos. \v 5 Mediu outros mil, e xa era un río polo que non podía pasar, porque as augas do río medraran de tal xeito que non se podía pasar senón a nado.

1
47/06.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 6 E díxome: -Víchelo, fillo de home? Despois levoume e fíxome volver pola beira do río. \v 7 Cando volvín de regreso, vin que había moitas árbores nunha e noutra beira do río. \v 8 E díxome: -Estas augas saen cara a rexión do oriente, e baixarán ao Arabá, e entrarán no mar; e cando entren no mar, as augas recibirán sanidade.

1
47/09.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 9 E todo ser vivo que nade por onde entren estes dous ríos, vivirá; e haberá peixes en abundancia porque estas augas entraron alí para que as cousas sexan sandadas; e todo o que entre neste río vivirá. \v 10 E os pescadores estarán xunto ao río, dende En-gadi ata En-eglaím, e halles ser un lugar para extender as súas redes; e os peixes serán de moitas clases, tan abundantes coma os peixes do mar grande.

1
47/11.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 11 Pero os seus pantanos e as súas lagoas non serán sandados; serán que quedarán para salinas. \v 12 E nas beiras do río, a unha e outra beira, medrará toda clase de árbores frutíferas; as súas follas non murcharán, nin faltará o seu froito. Brotarán froitos novos todos o meses, porque as augas que os regan saen do santuario; e o seu froito será para alimento, e a súas follas para medicación.

1
47/13.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 13 Así di Iahveh: "Estes son os lindes nos que repartiredes a terra en herdanza entre as doce tribos de Israel. Xosé terá dúas partes. \v 14 E habédeslla heredar tanto a un como o outro; porque xurei coa miña man alzada darlla aos vosos pais; así que esta será a terra da vosa herdanza.

1
47/15.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 15 Este será o límite da terra cara o lado do norte: dende o mar grande, camiño de Hetlón ata Zedad, \v 16 Hamat, Berota, Sibraim, que está entre o límite de Damasco e o límite de Hamat; e Hazar-haticón, que é o límite de Haurán. \v 17 De xeito que o límite será dende o mar ata Hazar-enán, no límite de Damasco ao norte, e ao límite de Hamat no lado do norte.

1
47/18.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 18 Do lado do oriente, entre Haurán e Damasco, con Galaad e a terra de Israel, xunto ao Xordán, ata o mar do oriente. Este será o lado oriental. \v 19 Do lado do sur, cara o sur, dende Tamar ata as augas de Meribá-Cades, ata o arroio e o mar grande. Este será o límite do sur. \v 20 E polo lado occidental o gran mar será o límite dende o lindeiro sur ata fronte a Hamat. Este será o lado occidental.

1
47/21.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 21 E repartiredes esta terra entre vós segundo as tribos de Israel. \v 22 E botaredes sortes sobre ela para herdanza entre vós, e entre os estranxeiros que residen entre vós e que enxendren fillos entre vós; e serán para vós coma naturais entre os fillos de Israel; eles botarán sortes con vós para teren herdanza entre as tribos de Israel. \v 23 Na tribo na que habite o estranxeiro, alí darédeslle a súa herdanza, di Iahveh o Señor.

1
48/01.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\c 48 \v 1 Estes son os nomes das tribos: dende o extremo norte, polo camiño de Hetlón ata Hamat, Hazar-enán, nos confíns de Damasco, cara o norte, cara Hamat; Dan terá unha parte, dende o lado do oriente ata o occidente. \v 2 Preto do límite de Dan, dende o lado do oriente ata o lado do mar, terá Aser unha parte. \v 3 Preto do límite de Aser, dende o lado do oriente ata o lado do mar, Neftalí, outra.

1
48/04.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 4 A beira de Neftalí, dende o lado do oriente ata o lado do mar, Manasés, outra; \v 5 Xunto ao do límite de Manasés, dende o lado do oriente ata o mar, Efraín outra; \v 6 A beira de Efraín, dende o lado do oriente ata o lado do mar: Rubén, outra; \v 7 A beira de Rubén, dende o lado do oriente ata o mar, Xudá, outra.

1
48/08.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 8 A beira de Xudá, dende o lado do oriente ata o mar, será a porción que reservaredes de vinte e cinco mil canas de ancho e de lonxitude como calquera das outras partes, é dicir, dende o lado do oriente ata o mar; e o santuario estará no medio dela. \v 9 A porción que reservaredes para Iahveh terá unha lonxitude de vinte e cinco mil canas e dez mil de ancho.

1
48/10.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 10 A porción santa que pertencerá aos sacerdotes será de vinte e cinco mil canas ao norte, e de dez mil de ancho ao occidente, e de dez mil de ancho ao oriente, e de vinte e cinco mil de lonxitude ao sur; e o santuario de Iahveh estará no medio dela. \v 11 Os sacerdotes santificados dos fillos de Sadoc, que me gardaron fidelidade, e non se extraviaron cando se extraviaron os fillos de Israel, como se extraviaron os levitas, \v 12 Eles terán como parte santísima a porción de terra reservada, xunto o límite da parte dos levitas.

1
48/13.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 13 E a dos levitas, a beira da dos sacerdotes, será de vinte e cinco mil canas de lonxitude e de dez mil de ancho; a súa lonxitude total será de vinte e cinco mil e o se ancho de dez mil. \v 14 E non venderán nada del, nin o cambiarán, nin traspasarán as primicias da terra, porque é consagrado a Iahveh.

1
48/15.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 15 E as cinco mil canas de ancho que quedan das vinte e cinco mil, serán profanas para a cidade, para morada e para eixido; e a cidade estará no medio dela. \v 16 Estas serán as súas medidas: ao lado do norte catro mil cincocentas canas, ao lado do sur catro mil cincocentas, ao lado do oriente catro mil cincocentas, e ao lado do occidente catro mil cincocentas.

1
48/17.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 17 E o territorio da cidade será de duascentas cincuenta canas ao norte, de duascentas cincuenta ao sur, de duascentas cincuenta ao oriente e de duascentas cincuenta ao occidente. \v 18 E o que quede de lonxitude en fronte da porción santa, dez mil canas ao oriente e dez mil ao occidente, será o que quede da porción santa; será para que sementen os que sirven á cidade.

1
48/19.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 19 E os que sirvan á cidade serán de tódalas tribos de Israel. \v 20 Toda a porción reservada de vinte e cinco mil canas por vinte e cinco mil cadrados, reservaredes como porción para o santuario e para a posesión da cidade.

1
48/21.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 21 E ao príncipe pertencerá o que sobre dun lado e outro da porción santa e da posesión da cidade, é dicir, diante das vinte e cinco mil canas da porción ata o límite do oriente, e diante das vinte e cinco mil ata o límite occidental; diante das partes ditas será do príncipe; a porción santa estará no medio dela, e o santuario da casa estará nela. \v 22 De xeito que a parte do príncipe estará comprendida dende a porción dos levitas e a porción da cidade, entre o límite de Xudá e o límite de Benxamín.

1
48/23.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 23 En canto ao resto das tribos, dende o lado do oriente ata o lado do mar terá Benxamín unha porción. \v 24 A beira de Benxamín, dende o lado oriental ata o mar, Simeón outra; \v 25 A beira de Simeón, dende o lado oriental ata o lado do mar, Isacar; outra. \v 26 A beira de Isacar, dende o lado oriental ata o lado do mar, Zabulón outra;

1
48/27.txt Normal file
View File

@ -0,0 +1 @@
\v 27 A beira de Zabulón, dende o lado oriental ata o lado do mar, Gad outra; \v 28 A beira de Gad, ao lado sur, o límite será dende Tamar ata as augas das ribeiras, e dende Cades e o arroio ata o mar grande. \v 29 Esta é a terra que repartiredes por sortes en herdanza ás tribos de Israel, e estas son as súas porcións, di Iahveh o Señor.